O sábado, día 12 de outubro, celebrouse a sétima edición da Andaina de Moreiras. Como en anteriores ocasións a climatoloxía puxo todo da súa parte para que os participantes disfrutasen dunhas condicións impropias do mes de outubro.
Máis de douscentos andaríns, déronse cita na Casa de Cultura de Moreiras ás 8:30 horas, para recoller os seus dorsais e tomar a saída desta proba que consta dun circuíto principal de 26,5 quilómetros e outros dous alternativos de 14 e 21 quilómetros.
Do mesmo xeito que ocasións anteriores a sinalización do trazado – a propia do PRG-186 -, reforzouse a fin de evitar descoidos que puidesen levar a algún dos participantes a saírse do circuíto elixido.
A Andaina de Moreiras, que conta cun circuito principal de 26.5 kms. e outros alternativos de 14 e 21, percorre Moreiras, Mugares, Fondon, Toén Trellerma e Trelle. Trátase dunha proba de dificultade media cun desnivel neto de 277 metros. A ruta principal non pisa máis do 10 % de tramos con firme de asfalto ou cemento, agás o que é o cruzamento dos pobos e enlaces entre puntos.
Antes de efectuar a inscrición é importante tomar en conta o regulamento da proba. Cada unha das normas que o compoñen buscan garantir en todo momento a integridade dos participantes. Estas normas son de obrigada lectura e cumprimento para todos eles, e todos eles asumen con responsabilidade ó inscribirse a aceptación destas normas.
O prazo de inscripción na Andaina de Moreiras 2019 abriuse o día 9 de setembro e pecharase o 9 de outubro, salvo no caso de que, con anterioridade, se acade número máximo de participantes, Nese caso o peche produciríase na data na que se produza esa circunstancia.
Para participar na andaina é necesario cumplimentar o formulario de inscrición independentemente do lugar en que se leve a cabo a mesma.