Regulamento

Antes de efectuar a inscrición é importante tomar en conta o regulamento da proba. Cada unha das normas que o compoñen buscan garantir en todo momento a integridade dos participantes. Estas normas son de obrigada lectura e cumprimento para todos eles, e todos eles asumen con responsabilidade ó inscribirse a aceptación destas normas.
A organización gárdase o dereito a non admitir a aquelas persoas que, unha vez inscritos, non acepten ou cumpran esta normativa ou provoquen calquer tipo de altercado que poida incidir negativamente no desenvolvemento da actividad, convivencia e integridade do resto de participantes.

1.- PARTICIPACIÓN

Poderán participar todas as persoas maiores de idade inscritas e menores a partires de 14 anos acompañados dun adulto, ou sós con permiso por escrito dos seus pais ou titores. Menores de 14 anos obrigatoriamente acompañados dos seus pais ou titores.

2.- DORSAIS

Será obrigatorio levar o dorsal posto durante toda a andaina xa que é un elemento imprescindible para levar control da proba.

3.- OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todos que midan as súas forzas. A andaina ten tramos de dificultade media-alta polo que compre certo entrenamento para facela enteira. Se en calquera momento da proba alguén se amosa canso/a ou sofre algunha lesión de importancia, debe comunicalo a outro participante ou, se é posible, achegarse ao control máis próximo. A organización disporá dun servizo de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas. É recomendable que os participantes dispoñan dunha licencia federativa ou conten cun seguro para o suposto de calquera accidente ao longo do percorrido. O responsable de control e os camiñantes escoba poderán retirar da proba a calquera participante se consideran que seu estado físico así o aconsella, ou se vai máis lento do que consideren normal.

4.- RESPONSABILIDADES

A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente ou neglixencia. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

5.- ITINERARIO

Tanto o itinerario como cada final de tramo estarán sinalizados. En caso de dúbida ou perda é convinte deterse nun punto e porse en contacto coa organización ou co 112 indicando que se está a participar na Andaina de Moreiras.

6.- CONTROIS

Estarán situados nos puntos de avituallamento polos que é obrigatorio pasar e acreditarse.

Twitter Facebook Instagram

COLABORAN

Protección Civil Toén
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio