VII Andaina de Moreiras – 2019

O día 12 de outubro celebraremos septima edición da Andaina de Moreiras, un evento deportivo no que cada ano contamos cun maior número de participantes.

Na proba, organizada pola Asociación de Veciños de San Pedro de Moreiras e a Comunidade de Montes en Man Común Moreiras-Trelle, colaboran, como xa fixeran nas anteriores edicións, Redonet, Coca-Cola, o Concello de Toén, Protección Civil de Toén e unha morea de voluntarios.

A andaina seguirá o itinerario do PR-G 186, que ten lixeiras variantes cos percorridos das duas primeiras edicións, transcurrindo por lugares que, os que participedes por primeira vez, nin imaxinaríades que houbera por aquí, tanto polas formacions xeolóxicas que poderedes contemplar como polo tipo de bosque, espeso e sombrío nuns casos e sempre variado.

Sairemos de Moreiras onde poderedes contemplar a súa igrexa e arquitectura popular. Pasaremos por Mugares onde destacan a igrexa do século XVI, a casa reitoral, a fonte medieval e un pombal espectacular. Continuaremos por Fondón, Toén, Trellerma e Trelle para rematar de novo en Moreiras.

Twitter Facebook Instagram

COLABORAN

Protección Civil Toén
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio